NOVIDADES
Galicia no seu padal

Galicia cos seus 1498 quilómetros de costa e as súas 16 rías posúe un dos ecosistemas mariños de maior diversidade biolóxica do planeta, poñendo á nosa disposición multitude de especies que extraen cada día os mariscadores, primeiro chanzo dunha escada, na que Mariscos Cordal, como depuradora e chanzo previo á comercialización, traballa para que esta riqueza gastronómica chegue ó consumidor en condicións óptimas, traballamos para poñer a… GALICIA NO SEU PADAL.